Dona Cobiña ponse en marcha en 2015, como consecuencia dun aumento da produción de leite e da crise que está atravesando o sector lácteo.
É a DOP de maior produción da comunidade autónoma e o seu recoñecemento ven dado polo seu sabor e a súa gran cremosidade. O seu período de maduración é de seis días mínimo e caracterízase por ser lixeiramente salgado e ter un ácido moi característico.
Ademáis de en grandes superficies, podes atopar a nosa ampla variedade de produtos na nosa tenda online.
Elaborado co leite das nosas ganderías sostibles, cada tipo de queixo segue un proceso individual de maduración artesanal e tradicional.
Máis de 30 anos comprometidos co futuro do noso rural.
A Cooperativa Cobideza, S. Coop. Galega con domicilio en Lalín, ten concedida por parte de EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, unha axuda por importe de 29.180,62EUR para a adquisición equipamento informático e melloras na queixería e nos servicios os socios, o que fai público para cumprir os requesitos da orde de axudas.