Compramos leite cru a máis de 230 dos 300 socios que constituen actualmente a cooperativa. Estas ganderías están situadas nos concellos colindantes ás instalacións da cooperativa, é dicir, concellos da comarca da Ulloa, Deza, Tabeirós y Terras de Montes.
Actualmente a cooperativa ten firmado un contrato anual coa multinacional asturiana ILAS, cuxo nome comercial é Reny Picot. A cifra de leite comercializada en litros ascende ós 35 millóns.
O leite é seleccionado minuciosamente entre todas as explotacións polos técnicos do Servizo de Calidade do Leite da cooperativa.
En abril de 2015, coincidindo co final da cuota láctea e un forte aumento da producción, Cobideza, S.C. puxo en marcha unha pequena queixería chamada Dona Cobiña, no concello de Agolada. Trátase dun proxecto moi anhelado polos directores e socios, co fin de poñer no mercado un produto en común, de máxima calidade e directamente dende o fabricante. Elaborase mediante un proceso tradicional e artesán e está á venta na propia páxina web da queixería www.donacobina.es, nas súas agrotendas de Vila de Cruces, Cercio e Silleda, e tamén en diversos supermercados.
Se queres comercializar o leite da túa gandería a través de Cobideza, ponte en contacto con nós e asesorarémoste.
Máis de 30 anos comprometidos co futuro do noso rural.
A Cooperativa Cobideza, S. Coop. Galega con domicilio en Lalín, ten concedida por parte de EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, unha axuda por importe de 29.180,62EUR para a adquisición equipamento informático e melloras na queixería e nos servicios os socios, o que fai público para cumprir os requesitos da orde de axudas.