COOPERATIVA DA BISBARRA DO DEZA

A finais dos años 80 funcionaba na comarca a Agrupación de Ganaderos. Máis tarde, en 1994, coa importancia do leite como produto de primeira necesidade, fundase COBIDEZA, S.C. Supuxo un esforzo conxunto que, xunto ó saneamento do gando, posibilitou a instalación de tanques de frío, que permitiron incrementar sustancialmente a calidade do leite.

Na actualidade a cooperativa conta con máis de 300 socios pertencentes ós concellos de Lalín, Agolada, Vila de Cruces e Silleda. Entre eless, máis de 155 son produtores de leite en activo.

O obxectivo primordial da cooperativa cos seus socios é mantelos informados e formados para a súa profesionalización e afianzar a competitividade como produtores de leite, dándolles soporte con programas e servizoss cos que incrementar o nivel e a calidade de vida.

Ó mesmo tempo, outro dos obxectivos é abastecer ó socio e ó público en xeral dos produtos do campo, tales como piensos o forraxes e tamén de servizos veterinarios, entre outros.

Actualmente preside a cooperativa o lalinense Román Santalla.

1994
Fundación de Cobideza
2012
Estación de servizo de Cercio
2014
Estación de servizo de Silleda
2015
Dona Cobiña
2023
Supermercado de Cercio